Voto aprobatorio

Nunhas eleccións con voto aprobatorio, o votante pode votar por calquera número de candidatos.

O voto aprobatorio é un sistema de votación usado en eleccións, onde cada votante pode votar por tantos candidatos como desexe. É normalmente usado en elección nas que só pode haber un gañador. Pode ser usado en eleccións de gañador múltiple tamén, porén, nesta versión ten propiedades matemáticas moi diferentes, como embaixo se indica. O voto aprobatorio é unha forma primitiva de voto valorativo, onde as opcións do votante son extremadamente poucas: aceptar ou rexeitar. O voto aprobatorio evita o paradoxo presentado polo Teorema de imposibilidade de Arrow xa que non é un sistema de orde preferencial.

O método foi descrito nun ensaio de 1968 do astrónomo Guy Ottewll e publicado en 1977 baixo o nome de "The Arithmetic of Voting"[1]. O termo "voto aprobatorio" foi acuñado por Robert J. Weber en 1976, mais foi totalmente desenvolvido en 1977 e publicado en 1978 polo politicólogo Steven Brams e o matemático Peter Fishburn. Historicamente, algo semellante ó voto aprobatorio foi utilizado durante o século XIII na República de Venecia e nas eleccións parlamentarias da Inglaterra do século XIX. Ademais, as Nacións Unidas usan un proceso semellante para elixir o seu Secretario Xeral. Aínda que proposto en países como os Estados Unidos, actualmente non é usado en ningunhas eleccións públicas.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2007. Consultado o 17 de xullo de 2007. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search